Como dixemos xa na mensaxe de onte, estes días son “para recoller o
material que o alumnado deixou no centro”.
Son para a recollida dos posibles efectos persoais que o alumnado deixara na
aula, e que agora é o momento de recuperar. Os centros pecharon pola corentena
ante a epidemia, e houbo alumnado que non levou todo para casa.
Hai que lle explicar á xente do instituto onde deixaron os rapaces e
rapazas as cousas (roupa, material: libretas, estoxos, libros...), para que
poidan atopalos e devolverllos a quen vaia buscalos, e insistimos: teñen que
ser as persoas adultas da familia quen ten que ir por esas cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario