Esta mañá, a Dirección do IES Sánchez Cantón comunicou oficialmente, a través do Espazo Abalar, o Telegram e a web do centro, a toda a súa comunidade educativa que se vai implantar a presencialidade completa para 1º e 2º de Bacharelato, ao ser dotado o centro do profesorado necesario para afrontar a devandita presencialidade.
Dende a ANPA agradecemos ás familias, alumnado, profesorado e persoal non docente do IES Sánchez Cantón o entusiasmo e a colaboración, mesmo, ás veces, os desacordos, para conseguir que saíse adiante esta proposta de presencialidade 100%, que avalaba toda a comunidade educativa, e que pon ao alumnado deste IES en igualdade de condicións educativas ca o alumnado doutros centros.
Agradecemos o interese e a participación do BNG, PSOE e PP nas mobilizacións das familias, e as xuntanzas con elas, así como as xestións levadas a cabo a nivel político.
Parabéns a toda a comunidade do IES Sánchez Cantón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario