14 de nov. de 2026

Acta da última Asemblea Xeral Ordinaria 26-27 e novo Regulamento de Réxime Interno

 

Dende a ANPA O VERXEL queremos agradecer a todas as nais e pais que asististes á nosa última Asemblea Xeral. A vosa presenza, o voso tempo e as vosas achegas son fundamentais para que a asociación siga medrando e traballando polo benestar dos nosos fillos e fillas.
Para que todas as familias esteades ao día do que se tratou e dos acordos tomados, deixámosvos a continuación os documentos oficiais desta xuntanza:
Queremos destacar que o novo Regulamento de Réxime Interno foi aprobado por unanimidade. Este documento complementa o disposto nos nosos Estatutos vixentes incorporando artigos sobre Protección de Datos.
Lembrade que a ANPA facémola entre todos e todas. Animámosvos a participar nas vindeiras reunións e actividades. Calquera idea, suxestión ou pequeno gran de area conta moitísimo para mellorar a comunidade educativa do noso centro.

A Xunta Directiva da ANPA