28 de out. de 2013

APPS no Sánchez Cantón

O pasado mércores 23 de outubro recibimos na Asemblea Xeral da ANPA a visita da profesora Charo Sánchez-Gabriel, responsable da Biblioteca do Instituto, para informarnos sobre unhas interesantes iniciativas que se están a desenvolver no eido da telefonía móbil e as súas potencialidades como canle de comunicación da comunidade educativa.



APP do Sánchez Cantón: aplicación para Android moi útil para a difusión da identidade do Centro, da oferta de estudios, publicidade das actividades e interacción en xeral co Instituto.
Podedes consultar na ligazón da APP do Sánchez Cantón toda a información e descargar a aplicación.

APPs con Inventor: magnífico traballo realizado polo alumnado de 1º BAC TIC o pasado curso 2012-2013, en colaboración con distintos departamentos, no que se desenvolveron varias aplicacións para descubrir mediante paseos xeolocalizados pola cidade as prazas de Pontevedra, os tesouros do patrimonio cultural da cidade e as árbores máis representativas da zona.
Podedes descargar as aplicacións nesta ligazón APPs con Inventor

Parabéns ao alumnado, aos docentes e á Biblioteca!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario