A Xunta de Galicia lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida ó público en xeral, comunidade educativa e docentes. Baixo o título de Tecnoloxía con sentidiño, a partires do 4 de abril, con varias temáticas arredor do eixo común da tecnoloxía, coma o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa súde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a intelixencia artificial, entre outros.
Poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura - Santiago de Compostela) de 18:00 a 19:30h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de Youtube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario