15 de xuño de 2026

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025/2026 (VENRES 19 XUÑO 2026)


 Invitamos ás familias a participar na asemblea xeral ordinaria da ANPA O Verxel.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025/2026 

Día: VENRES 19 DE XUÑO 2026 

Hora: 

1ª convocatoria: 16:45 horas. 

2ª convocatoria: 17:00 horas. 

Lugar: Aula do Centro (preguntar ao chegar).

ORDE DO DÍA

1. Aprobación da acta da última reunión. 

2. Balance de contas do exercicio. 

3. Balance de actividades realizadas durante o curso 2025/2026. 

4. Obxectivos e proxectos para o vindeiro curso: 

    ○ Implantación dunha nova App. 

    ○ Proposta de aula de teatro para familias. 

    ○ Continuar coa colaboración activa co Centro: Como facela efectiva. 

5. Proposta sobre o uso dos móviles. 

6. Rogos e preguntas por parte das persoas asistentes. 

Agardamos contar coa vosa valiosa presenza para seguir construíndo xuntos unha ANPA activa e participativa. 

20 de abr. de 2026

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA CURSO 2025/2026 (XOVES 23 ABRIL 2026)

Invitamos ás familias a participar nesta asemblea extraordinaria para compartir os seus comentarios e achegas coa nova directiva

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA CURSO 2025/2026 

Día: XOVES 23 DE ABRIL 2026 

Hora: 

1ª convocatoria: 19:45 horas. 

2ª convocatoria: 20:00 horas. 

Lugar: Cafetería Plaza. Praza de Galicia. 

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. 

2.- Presentación da nova directiva da ANPA.

3.- Rogos e preguntas. 

27 de feb. de 2026

TROCALIBROS do Salón do Libro 2026

Con motivo do Salón do Libro, o vindeiro 15 de marzo de 11:00 a 14:00 se celebrará no Recinto feiral de Pontevedra a Feira de Libros Usados (Trocalibros).

O obxetivo desta é proporcionar aos membros da comunidade educativa – alumnado, profesorado, familias – a oportunidade de intercambiar aqueles libros que, por distintos motivos, xa non son utilizados polos seus donos.

Todas as persoas que queiran participar poderán entregar os libros no noso centro a partir do 3 de marzo, e por cada libro entregado, recibirase un vale que será trocado por outro libro o día da feira.

Pódense aportar libros de literatura infantil e xuvenil. A única condición é que estean no mellor estado posible. 

Os libros entregáranse no horario do recreo na Biblioteca do centro.

Para calquera dúbida ou entrega no teléfono 647607416 ou no mail anpa.verxel@gmail.com

Agardamos sexa do voso interés.



20 de feb. de 2026

MENORES CONECTADOS: Obradoiro presencial gratuito para familias

 A Consellería de Educación, en resposta á petición da Anpa O Verxel, convoca no noso centro este obradoiro presencial para familias: 

MENORES CONECTADOS: Educación dixital en ciberseguridade e privacidade

Dirixido ás familias do alumnado con idades comprendidas entre 10 e 18 anos.

Lugar: IES Sánchez Cantón.

Data e hora: Xoves 26 de Febreiro. 18:30h. 

Non será necesaria inscripción. Animádevos a participar.

Contido:

  • Como establecer límites saudables no uso de dispositivos dixitáis
  • Estratexias para supervisar sen invadir a súa privacidade
  • Claves para fomentar hábitos seguros e críticos ante a tecnoloxía
  • Ferramentas de acompañamento parental e recursos adicionais



22 de nov. de 2025

I Xornada de formación para as familias: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

 A Xunta de Galicia desenvolverá unha xornada de formación dirixida ás familias co título “A familia como base do crecemento persoal e emocional”.

A formación abordará aspectos como o establecemento de límites para as rapazas e rapaces ou o uso responsable das novas tecnoloxías.

A xornada terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela en horario de mañá. Pódese realizar a inscrición de balde a través do Portal Educativo, na ligazón https://centros.edu.xunta.gal/dxoie/gl/form/inscricion-formacion-de-familias, ata completar o límite de 300 prazas.

14 de nov. de 2025

🎄 Campaña de Rifas Solidarias para Viaxes Escolares



 Dende o ANPA queremos informar que, tras a solicitude de varias familias, imos colaborar nunha iniciativa de recadación colectiva mediante a venda de rifas, destinada a apoiar economicamente as seguintes viaxes escolares, cuxos participantes respaldaron por votación o seu interese na proposta: a viaxe de intercambio a Cerdeña do alumnado de 4º da ESO e a excursión de 1º de Bacharelato.

📌Como funcionará a recadación?

  • Organizarase unha venda de rifas cuxo premio será unha cesta de produtos do Nadal doada polo supermercado Froiz.
  • A recadación xestionarase de forma separada para cada excursión.
  • O diñeiro recadado en cada grupo repartirase unicamente entre o alumnado que participe activamente na venda e supere o mínimo de participación que se estableza.
  • O importe asignado a cada alumno/a descontarase directamente da cota que lle corresponda pagar pola viaxe.

Esta iniciativa busca fomentar o compromiso e a colaboración entre o alumnado, ao tempo que ofrece unha vía de apoio económico para as familias. Dende o ANPA agradecemos a implicación de todas as persoas que fan posible esta campaña, especialmente ao supermercado Froiz pola súa colaboración.

📌Proceso de Entrega e Venda:

  • Entrega Inicial: Proporcionarase a cada alumno/a un talonario de rifas. Rexistrarase o número de talonario e o nome do alumno/a que o recibe.

  • Recollida de Novos Talonarios: Unha vez que o talonario inicial estea completamente vendido, o alumno/a poderá recoller un novo talonario, momento no que deberá entregar o diñeiro recadado polo talonario anterior.

  • Puntos de Entrega de Diñeiro: A recadación entregarase no instituto os martes á hora de entrada (aos membros do ANPA) ou en Conserxería en calquera outro momento. Se lles é máis cómodo, os pais poden facer ingreso no ES3100490205022910320048 poñendo no concepto RIFAS e o nome do fillo.

📌Prazos de Venda e Devolución:

  • Data Límite de Venda: O prazo máximo para a venda e xestión das rifas é o último día lectivo antes das vacacións de Nadal.

  • Devolución Obrigatoria: Antes da data límite, todos os alumnos/as deberán entregar:

    • Os talonarios de rifas non vendidos (coas súas papeletas correspondentes).

    • O diñeiro total recadado polas rifas vendidas.
Animamos a todos os participantes a involucrarse e a contribuír con entusiasmo!

30 de out. de 2025

COMUNICADO: Uso responsable de los chats entre alumnado

 

Estimadas familias:

Desde la Asociación de Madres y Padres del Alumnado (AMPA O Verxel) queremos compartir con vosotros una preocupación que desde varias fuentes nos han trasladado en los últimos días.

Hemos tenido conocimiento de que en algunos chats de grupo de alumnos y alumnas del centro se están utilizando, en ocasiones, expresiones inadecuadas, lenguaje soez e incluso comentarios que pueden resultar ofensivos o impropios para su edad.

Somos plenamente conscientes de que estos espacios de comunicación forman parte de su vida social y de aprendizaje digital. Sin embargo, consideramos importante recordar que nuestros hijos e hijas aún están desarrollando su madurez emocional y necesitan orientación y acompañamiento en el uso responsable de las redes y los grupos de mensajería.

Por ello, desde la AMPA hacemos un llamamiento a la colaboración de todas las familias, para que, en la medida de lo posible:

Revisen de forma discreta y respetuosa el uso que hacen sus hijos e hijas de estos chats.

Conversen con ellos sobre el respeto, la empatía y las consecuencias que pueden derivarse de determinadas expresiones o actitudes en entornos digitales.

Fomenten un clima de diálogo y responsabilidad compartida, donde comprendan que la libertad de expresión también implica respeto hacia los demás.

El objetivo de este comunicado no es señalar ni alarmar, sino prevenir situaciones que puedan derivar en conflictos o malentendidos, a fin de evitar la necesidad de adopción de otro tipo de medidas, y para reforzar el papel educativo que todos compartimos —familias, centro y AMPA— en la formación integral de nuestros hijos e hijas.

Agradecemos de antemano vuestra comprensión, implicación y colaboración

Un cordial saludo.

26 de out. de 2025

BIOESCOLAS: Programa de reciclaxe de aceite de cociña usado


Lembrade que o noso centro participa en Bioescolas, unha actividade de reciclaxe de aceite de cociña usado.

Para recoller este residuo contamos cun colector exclusivo para este uso que está situado á dereita na entrada principal ao Instituto

O aceite depositado debe estar dentro dunha botella de plástico (só se permite este material) e do tamaño que se considere.

Por cada contedor cheo a empresa responsable (Arioil) ingresará na conta da ANPA 15 €.

Con esta actividade continuamos co compromiso do noso centro coa reciclaxe e o medioambiente.

Animamos a todas as familias a traer o voso aceite usado ao cole.

Mil grazas pola vosa colaboración!!!




7 de out. de 2025

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025/2026 (XOVES 09 DE OUTUBRO 2025)

                                                 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025/2026 

Día: XOVES 09 DE OUTUBRO 2025 

Hora: 

1ª convocatoria: 19:30 horas. 

2ª convocatoria: 19:45 horas. 

Lugar: Aula do IES Sánchez Cantón. 

ORDE DO DÍA 

Presentación e saúdo da nova directiva do Centro. 

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. 

2.- Balance económico previsto para este ano. 

3.- Presentación da nova directiva da ANPA. 

4.- Determinar liñas de actuación a seguinte curso académico. 

5.- Decidir si se pon en marcha o banco de libros de texto. 

6.- Concretar participación económicas nas excursións e festas do Centro. 

7.- Usos da nova plataforma de socios. 

8.- Buscarase un encargado de recollida de aceite e de descontos. 

9.- Decidir a cuota de socio para o curso 2026-27. 

10.- Rogos e preguntas.

24 de set. de 2025

24/09/2025 Sesión de traballo da Directiva da ANPA aberta á participación das familias

 O mércores 24/9/2025 ás 20:30 h. terá lugar na Cafetería Plaza (Praza de Galicia) unha SESIÓN DE TRABALLO dos integrantes da directiva da ANPA O Verxel.

O obxectivo é preparar, por parte da directiva, as iniciativas do novo curso e a Asemblea que anunciaremos e terá lugar nas vindeiras semanas.

Animamos ás familias (nais ou pais) que teñan algunha suxerencia ou achega, a que asistan a esta sesión previa de traballo para compartilas coa directiva se así o desexan.



16 de set. de 2025

Ricos tomatiños da horta do IES Sánchez Cantón

Os tomatiños da propia colleita saben moito mellor! Todo o mundo está de acordo.

A horta do IES Sánchez Cantón está a dar os seus froitos.

Esta semana, o menú da cafetería do día 15/09/25 incluiu unha saudable sorpresa: tomatiños da horta!!

Mirade as fotos ...vaia pinta!













7 de set. de 2025

FACERSE SOCIO 2025-26

 XA ERAS SOCIO O ANO PASADO

Somente te que entrar na app do ANPA e facer o pago tal e como di a app.




Se non lembras o contrasinal:

- Ou por whatsapp ó número 610926600.

- Ou por correo electrónico a anpaoverxel@gmail.com

Comunicando que non lembras o contrasinal.




FACERSE NOVO SOCIO

Descargar a seguinte folla de inscripción, cubrila e entregala no Centro.




Despois de entregala, recibirá un correo con:

1- Un link de acceso á aplicación.

2- Un usuario (que será o seu correo).

3- Un contrasinal para acceder.



______________________________________________________________________________

Chave do ANPA: 6wfxd24t
______________________________________________________________________________


Cando entre na aplicación, meterá os datos e aparecerá o número de conta no que ten que facelo ingreso, así coma o concepto do ingreso.


Na aplicación poderá acceder:


- O seu carnet de socio.
- As tendas onde se ofrecen descontos.
- As excursións subvencinadas ás que se pode apuntar.
- Aos libros do banco de libros.
- e moito máis...


Número de conta Banco Santander: ES3100490205022910320048

16 de xuño de 2025

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2024/2025 (XOVES 19 DE XUÑO 2025)

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2024/2025

Día: XOVES 19 DE XUÑO DE 2025 

Hora: 1ª convocatoria: 16:30 horas.

          2ª convocatoria: 16:45 horas.

Lugar: Aula 10A do IES Sánchez Cantón.

ORDE DO DÍA:

 1. Aprobación da acta da última reunión. 
 2. Balance de contas do exercicio.
 3. Despedida da anterior directiva do IES Sánchez Cantón. Esperamos que veñan para agradecerlles a súa labor e falar de aspectos deste curso.
 4. Balance de actividades realizadas durante o curso 2024/2025:
     ○ Implantación da nova App: Unha ferramenta clave para axilizar e facilitar a comunicación coas     familias. 
     ○ Apoio na mellora do sistema de son do Centro: Colaboración activa para optimizar as instalacións.
     ○ Inicio do proceso de doazón de libros de lectura obrigatoria: Unha iniciativa que busca facilitar o acceso ao material didáctico. 
     ○ Participación no "Trocalibros": Fomentando o intercambio e o amor pola lectura. 
     ○ Procura e xestión de descontos para socios: Ampliando os beneficios de pertencer á ANPA. 
     ○ Dinamización de festas e eventos: Contribuíndo ao ambiente festivo en datas como o "Túnel do Terror", o Nadal e o Entroido. 
     ○ Posta en marcha da recollida e reciclaxe de aceite usado: Un compromiso coa sostibilidade e o medio ambiente.
 5. Obxectivos e proxectos para o vindeiro curso:
     ○ Incremento do número de socios: Mediante unha maior difusión dos proxectos e actividades da asociación. 
     ○ Continuar coa colaboración activa co Centro: Apoio a novas iniciativas de mellora, seguindo o exemplo do sistema de son. 
 6. Chamamento á participación: Necesitamos persoas voluntarias! Para seguir medrando e enriquecendo a nosa comunidade, buscamos colaboración en áreas clave: 
     ○ Persoa encargada da maior divulgación das actividades desenvolvidas. 
     ○ Enlace co proxecto do horto escolar. 
     ○ Responsable da doazón de libros. 
     ○ Xestor/a de descontos para socios/as. 
     ○ Coordinador/a de festas e eventos (Túnel do Terror, Nadal, Entroido, e a Graduación do alumnado de último curso). 
     ○ Persoa encargada da recollida e reciclaxe de aceite. 
     ○ Responsable da actualización da páxina web. 
     ○ Contacto coa cafetería para premios e a xestión do comedor do luns.
 7. Renovación da Xunta Directiva:
     ○ Elección e presentación dos novos membros.
 8. Rogos e preguntas por parte das persoas asistentes.

 Agardamos contar coa vosa valiosa presenza para seguir construíndo xuntos unha ANPA activa e participativa.

26 de nov. de 2024

LIBROS DE LECTURA OBLIGATORIA E VOLUNTARIA

LISTADO DE LIBROS A DOAR


Poden doar libros calqueira familia, non só membros da ANPA.


Cómo poder solicitar libros:
- As familias do ANPA poden solicitalos pola nova aplicación.
- As familias que non pertencen á ANPA poden solicitalos por correo electrónico: anpaoverxel@gmail.com


Cando se doe, tense que meter no interior do libro a seguite folla cos datos cubertos:

Folla de doazón.


Os libros doados pódense deixar:

- O martes 3 de decembro na entrada do Centro entre as 8:55 e as 9:40 horas.

- Os alumnos na Biblioteca do Centro.

- Calquera martes entre as 9:10 e as 9:40 horas.


LINGUA CASTELÁ E LITERATURA


  1. Mitos griegos,María Angelidou, Vicens Vives.

  2. 13 minutos después de la medianoche,Jo Pestum, Bruño.

  3. El complot de las flores,Andrea Ferrari, SM.

  4. En las nubes,Ian McEwan, Anagrama. 

  5. Cuatro corazones con freno y marcha atrás,Enrique Jardiel Poncela, Vicens Vives.

  6. Un hilo me liga a vos,Beatriz Giménez de Ory, SM.

  7. Rebelión en la granja,George Orwell, Vicens Vives.

  8. La perla,John Steinbeck, Vicens Vives.

  9. La biblioteca de los libros vacíos,Jordi Sierra i Fabra, Algar.

  10. El príncipe de la niebla, Ruiz Zafón . Planeta.

  11. El retrato de Carlota, Ana Alcolea. Anaya.

  12. Campos de fresas, Serra i Fabra. Gran Angular, SM.

  13. El sueño de Berlín, Ana Alonso. Anaya.

  14. La ratonera,AgathaChristie. Vicens Vives.

  15. Verne y la vida secreta de las mujeres planta,Ledicia Costas. Anaya.

  16. Invisible,Eloy Moreno. Nube de tinta.

  17. Momo,MichaelEnde, Alfaguara.

  18. Naves negras ante Troya. La historia de la Ilíada, Vicens Vives, 

  19. Lazarillo de Tormes, Anónimo, Vicens Vives.

  20. Chicas de alambre, Serra i Fabra. Alfaguara.

  21. El licenciado Vidriera y otras novelas ejemplares,Miguel de Cervantes, Vicens Vives. 

  22. Nuestra Natacha, Alejandro Casona, Vicens Vives.

  23. Relato de un náufrago,Gabriel García Márquez, Vicens Vives.

  24. Las aventuras de Ulises. La historia de la Odisea,Vicens Vives.

  25. Rimas y leyendas,Bécquer, G.A., Vicens Vives.

  26. La soledad de los números primos,PaoloGiordano, Salamandra.

  27. Bola de sebo,Guy de Maupassant, Vicens Vives.

  28. Nada,CarmenLaforet, Destino

  29. Cinco horas con Mario, Miguel Delibes, Planeta.

  30. Las bicicletas son para el verano,Fernandot Fernán-Gómez, Vicens Vives.

  31. La casa de Bernarda Alba, García Lorca. Varias editoriales. 

  32. El caminoMiguel Delibes. Destino.

  33. El Quijote. 1º parteMiguel de Cervantes.Vicens Vives.

  34. Fuenteovejuna,Lope de Vega, Vicens Vives.



    Otras opciones: 

  • Historia de una escalera, Antonio Buero Vallejo, Vicens Vives 

  • Como agua para chocolate, Laura Esquivel,DeBolsillo.

  • Violeta Isabel Allende, Plaza y Janés. 

  • El viento conoce mi nombre, Isabel Allende, Plaza y Janés.

  • Soldados de Salamina,Javier Cercas, 

  • El misterio de la cripta embrujada,Eduardo Mendoza, 

  • Papel mojadoJuan José Millás,Anaya, Alianza.

  • El coronel no tiene quien le escriba, Gabriel García Márquez, Mondadori.

  • Crónica de una muerte anunciada, de Gabriel García Márquez, varias editoriales.

  • RomanceroGitano, Federico García Lorca, varias editoriales. 

  • El lector de JulioVerne,Almudena Grandes, Tusquets.

  • La Fundación, de Antonio BueroVallejo, Espasa. 




LINGUA GALEGA E LITERATURA


Lecturas obrigatorias:

  1. Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz -Xerais-//B120, La Voz 

  2. O día que choveron gatos de Eva Mejuto. Edicións Xerais. 2023. 

  3. Un libro dixital: Poesía / teatro .( facilitado polo profesorado) 

  4. Unha estrela no vento, Ledicia Costas –Xerais- 

  5. A pomba e o degolado, Fina Casalderrei -Xerais- 

  6. Atraco no banco, Manuel Núñez Singala –Galaxia- 

  7. Rapazas, Agustín Fernández Paz –Xerais- 

  8. ceo dos afogados, Francisco Castro – Xerais- 

  9. As flores radioactivas, Agustín Fernández Paz –Xerais- 

  10. As lágrimas de Shiva, César Mallorquí –Rodeira- 

  11. Game over, Santiago Lopo –Biblos- 

  12. Longa lingua, Fran Alonso –Xerais-

  13. O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas 

  14. A sombra cazadora, Suso de Toro 

  15. Comedia bífida, M. Núñez Singala. 

  16. Os vellos non deben de namorarse de A.D. R. Castelao. 

  17. Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas 

  18. Esta noite hei de ir a verte, Beatriz García Turnes 

  19. Cartas de amor, Fran Alonso 

  20. A cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre Peaxes, Santiago Lopo 

  21. Maus, Spiegelman (novela gráfica) 

  22. Masculino singular, Carlos Negro (poesía) A lebre mecánica, Ledicia Costas 

  23. Xa non estou aquí, Iría Misa 

  24. Made in Galiza, Sechu Sende 

  25. Campo de plumas (poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe), Jesús Castro Yáñez

  26. Unha primavera para Aldara de Teresa Moure. 

  27. Resistencia de Rosa Aneiros. 

  28. Remexido de patacas de Eli Ríos. 

  29. A esmorga, Blanco Amor 

  30. O crepúsculo e as formigas, Méndez Ferrrín 

  31. O derradeiro libro de Emma Olsen, Berta Dávila (novela gráfica) 



Lecturas voluntarias: 


  • Fóra do normal. Reimóndez, María . Edicións Xerais (Diversidade) 

  • Xelís, o guieiro das botellas de mar. Aneiros, Rosa. Xerais. (Ecoloxía e sostenibilidade) 

  • A nena do vestido de flores. Fontemoura Manuel. Aira Editorial. ( Inclusión e NEE) 

  • Os camiños do vento. Xavier Estévez. Xerais ( Emigración e acollida) 

  • Conta nove estrelas, Andrea Maceiras. Xerais (Igualdade e ciencia ficción) – 

  • Bala perdida, Manuel Rivas. Xerais (Aventuras) 

  • A caixiña dos rancores, Hector Cajaraville. Xerais. (Igualdade e inclusión) 

  • A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre . Xerais. (Igualdade e viaxes)  

  • No centro do labirinto, Agustín Fernández Paz 

  • Quen matou a Inmaculada de Silva, Marina Mayoral 

  • Rebeldes, S. H. Hinton 

  • A paixón de Alexandra, Xulio Ricardo Trigo 

  • Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz 

  • Leonel, Antón Cortizas

  • A cova das vacas mortas, Jaureguízar 

  • Exogamia 0.3, Ramón Caride 

  • Maquinaria, Carlos Negro (poesía) 

  • A arte de trobar de Santiago Lopo 

  • A dúbida de María Reimóndez 

  • Así fala Penélope de Marta Dacosta. 

  • Árbores no deserto de Rosalía Fernández Rial 

  • 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinación de Xosé- Henrique Costas. 

  • A praia dos afogados de Domingo Villar. 

  • Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro. 

  • Oito días sen Eva Cortés de Sara Vila. 

  • As alumnas de Paula Carballeira. 

  • Escola de menciñeiros, Álvaro Cunqueiro (relatos) 

  • Á lus do candil, Ánxel Fole (contos) 

  • Xente ao lonxe, E. Blanco Amor/Os biosbardos 

  • O porco de pé, Vicente Risco 

  • Ilustrísima, Carlos Casares 

  • Arraianos, Xosé Luís Méndez Ferrín (relatos) 

  • Senlleiras, Antía Yañez 

  • Ruído, relatos de guerra, Miguel Anxo Murado (relatos) 

  • Carrusel, Berta Dávila 

  • A diagonal dos tolos, Santiago Lopo 

  • Rewind, Juan Tallón 

  • Po de estrelas, Xurxo Mariño (ensaio de divulgación científica) 

  • Ceiba de luz, Manuel Lourenzo González 

  • Así fala Penélope, (antoloxía poética de Marta Dacosta) 

  • O cervo e a sombra, Diego Ameixeiras/ 

  • Esta noite hei de ir a verte, Beatriz García Turnes 

  • O club da calceta, María Reimóndez 

  • O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas/Todo é silencio 

  • Ollos de auga, Domingo Villar 

  • Golpes de luz, Ledicia Costas /Pel de cordeiro 

  • Menú de enganos, Manuel Núñez Singala (relatos) 

  • Non estamos quebrades, Nee Barros 

  • Alguén nos lembrará (Antoloxía de relatos LGBTIQA) 

  • Unha cervexa Chang, Manuel Portas 

  • O puño e a letra, Yolanda Castaño (Poesía +cómic poético) 

  • Ninguén queda, Brais Lamela 

  • O mundo en que vivín, Ilse Losa 

  • Non me deixes nunca, Kazuo Ishiguro 

  • O señor Ibrahim e as flores do Corán, E-E., Schmitt 

  • Ardalén, Miguelanxo Prado (novela gráfica) 


DEPARTAMENTO LINGUA INGLESA


  1. – ‘The Adventures of Tom Sawyer’, Mark Twain, Oxford Bookworms, level 1, editorial Oxford University Press, ISBN 9780194620321

  2. – ‘The Call of The Wild’, Jack London, Penguin Readers, ISBN

    9780241375259

  3. – ‘Oliver Twist’, Charles Dickens, Black Cat, Level A2/B1, ISBN

    9788468222592

  4. – ‘20,000 Leagues Under the Sea’, Jules Verne, Oxford Bookworms Library, editorial Oxford University Press, level 4, ISBN 9780194238021

  5. - ‘1984’, George Orwell, Black Cat, level B.1.2, ISBN 9788853021373


DEPARTAMENTO XEOGRAFÍA E HISTORIA 


  1. Si esto es un hombre de Primo Levi 

  2. El hombre en busca de sentido de Viktor Frankl.



DEPARTAMENTO BIOLOXÍA 


  1. Os dados do reloxeiro de Xurxo Mariño.

  2. Mutacións xenéticas de Fina Casalderrey.


21 de nov. de 2024

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 24/25 (MARTES 26 DE NOVEMBRO 2024)

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2024/2025

Día: MARTES 26 DE NOVEMBRO 2024 

Hora: 1ª convocatoria: 19:15 horas.

          2ª convocatoria: 19:30 horas.

Lugar: Aula do IES Sánchez Cantón.

ORDE DO DÍA:

1.-Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2.-Balance económico previsto para este ano.
3.-Determinar liñas de actuación a seguinte curso académico.
4.-Usos da nova plataforma de socios.
5.-Concretar participación económicas nas excursións e festas do Centro.
6.-Continuación ca recollida de aceite.
7.-Posta en funcionamento do banco de libros de lectura obrigatoria.
8.-Rogos e preguntas.

11 de ago. de 2024

DESCONTOS para socios no curso 24-25

 Moitas son as empresas locais que se identifican coa labor da nosa ANPA e ofrecen DESCONTOS para os socios neste vindeiro curso escolar 24-25. 

Consulta as condicións e información de cada empresa na aplicación ampafacil entrando na seguinte ligazón co usuario que te acredita como socio:

https://ampafacil.app/mifamilia


  • A BALEA DAS CORES: Material escolar - Xogos de mesa - Xoguetes - Libros (Literatura)...
  • ANABETI: Mercería - Lencería
  • BIENESTAR MOAÑA: Club Termal
  • CENTRO DE IDIOMAS WATERFORD: Centro de idiomas
  • CLIP: Libraría - Papelaría
  • DUNAS: Textís para o fogar
  • EL PUEBLO: Libraría - Papelaría
  • FOLDER: Papelaría
  • CAMIKAME : Tenda friki
  • KAIRÓS: Neurodesenvolvemento Integral
  • LA  NUBE DE PAPEL: Libraría - Papelaría
  • MARÍA LUISA SULIN CHU ACOSTA: Complementos de muller para festa e o día a día
  • ÓPTICA JOSE MANUEL PÉREZ LÓPEZ: Farmacia - Óptica
  • ÓPTICA LAFUENTE: Óptica
  • ÓPTICA MARTÍNEZ: Óptica
  • QUOMO: Moda home e muller
  • SUNSET: Roupa de muller
  • TECNIDAE: Centro de estimulación e intervención en neurociencias

   


  

     

25 de abr. de 2024

Posibilidade de fin de semana en familia e con amigos

 Dende o ANPA pomos a disposición de todas as familias do Centro (sexan ou non socias), a posibilidades de disfrutar dun fin d semana distinto, en familia e con amigos.


Esperamos que vos guste.

Plazas limitadas por orden de inscripción.  

Inicio de inscripción o venres 26 de abril ás 9:00 horas (antes desta hora non serán validas as inscripcións), ata o venres 3 de abril.


FORMULARIO PARA INSCRIBIRSE (pulsar)





22 de abr. de 2024

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 23/24 (XOVES 25 DE ABRIL 2024)

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2023/2024 

Asemblea Xeral ordinaria da ANPA O Verxel 

Día: XOVES 25 DE ABRIL 2024 

Hora: 1ª convocatoria: 20:15 horas. 2ª convocatoria: 20:30 horas. 

Lugar: Aula do IES Sánchez Cantón. 

ORDE DO DÍA 

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. 

2.- Dar a coñecer as prácticas habituais dos alumnos que se gradúan. E tomar unha decisión se procede. 

3.- Axudar á solicitude de reparacións urxentes solicitadas polo centro, debido a que non se dan resolto. 

4.- Posta en marcha dun proxecto de banco de libros de lectura. 

5.- Rogos e preguntas.

3 de abr. de 2024

II Ciclo de Cultura Científica: Tecnoloxía con sentidiño

A Xunta de Galicia lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida ó público en xeral, comunidade educativa e docentes. Baixo o título de Tecnoloxía con sentidiño, a partires do 4 de abril, con varias temáticas arredor do eixo común da tecnoloxía, coma o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa súde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a intelixencia artificial, entre outros.

Poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura - Santiago de Compostela) de 18:00 a 19:30h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de Youtube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/000563/segundo-ciclo-cultura-cientifica-xunta-arranca-desmontando-mitos-sobre-uso-tecnoloxia



27 de feb. de 2024

Visita do Señor Arcebispo de Santiago.

 O profesor de relixión Católica anúncianos que o vindeiro xoves 14 de marzo de 10:30 a 11:30 terá lugar a visita ó centro do Señor Arcebispo de Santiago para dar unha charla a todos os alumnos/as de Relixión Católica e convida a asistir a todas as nais e pais que así o desexen.