16 de xuño de 2025

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2024/2025 (XOVES 19 DE XUÑO 2025)

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2024/2025

Día: XOVES 19 DE XUÑO DE 2025 

Hora: 1ª convocatoria: 16:30 horas.

          2ª convocatoria: 16:45 horas.

Lugar: Aula 10A do IES Sánchez Cantón.

ORDE DO DÍA:

 1. Aprobación da acta da última reunión. 
 2. Balance de contas do exercicio.
 3. Despedida da anterior directiva do IES Sánchez Cantón. Esperamos que veñan para agradecerlles a súa labor e falar de aspectos deste curso.
 4. Balance de actividades realizadas durante o curso 2024/2025:
     ○ Implantación da nova App: Unha ferramenta clave para axilizar e facilitar a comunicación coas     familias. 
     ○ Apoio na mellora do sistema de son do Centro: Colaboración activa para optimizar as instalacións.
     ○ Inicio do proceso de doazón de libros de lectura obrigatoria: Unha iniciativa que busca facilitar o acceso ao material didáctico. 
     ○ Participación no "Trocalibros": Fomentando o intercambio e o amor pola lectura. 
     ○ Procura e xestión de descontos para socios: Ampliando os beneficios de pertencer á ANPA. 
     ○ Dinamización de festas e eventos: Contribuíndo ao ambiente festivo en datas como o "Túnel do Terror", o Nadal e o Entroido. 
     ○ Posta en marcha da recollida e reciclaxe de aceite usado: Un compromiso coa sostibilidade e o medio ambiente.
 5. Obxectivos e proxectos para o vindeiro curso:
     ○ Incremento do número de socios: Mediante unha maior difusión dos proxectos e actividades da asociación. 
     ○ Continuar coa colaboración activa co Centro: Apoio a novas iniciativas de mellora, seguindo o exemplo do sistema de son. 
 6. Chamamento á participación: Necesitamos persoas voluntarias! Para seguir medrando e enriquecendo a nosa comunidade, buscamos colaboración en áreas clave: 
     ○ Persoa encargada da maior divulgación das actividades desenvolvidas. 
     ○ Enlace co proxecto do horto escolar. 
     ○ Responsable da doazón de libros. 
     ○ Xestor/a de descontos para socios/as. 
     ○ Coordinador/a de festas e eventos (Túnel do Terror, Nadal, Entroido, e a Graduación do alumnado de último curso). 
     ○ Persoa encargada da recollida e reciclaxe de aceite. 
     ○ Responsable da actualización da páxina web. 
     ○ Contacto coa cafetería para premios e a xestión do comedor do luns.
 7. Renovación da Xunta Directiva:
     ○ Elección e presentación dos novos membros.
 8. Rogos e preguntas por parte das persoas asistentes.

 Agardamos contar coa vosa valiosa presenza para seguir construíndo xuntos unha ANPA activa e participativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario