D. Juan J. Gestal Otero, Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública
da Universidade de Santiago de Compostela (USC), epidemiólogo, e membro do
Comité Educativo asesor da Xunta de Galicia no eido docente ante a COVID-19,
impartiu onte a charla “A pandemia da COVID-19: encarando a recta final!”, na
USC, sobre a evolución neste momento da pandemia.
A situación actual é simple e clara, di el: “Para evitar a 4ª onda da pandemia ou diminuíla, hai que ser moi prudentes, MOI PRUDENTES, e evitar as transmisións por contaxios debidos a contactos”.
É un esforzo necesario, porque a xente quere estar con familiares e amizades, pero é aí onde están a darse os brotes máis importantes neste momento.
Hoxe volvemos ter malas noticias en Galicia: aumentan os concellos onde son necesarias máis restricións, e a situación comeza a complicarse, cunha importante suba dos contaxios e das persoas hospitalizadas.
NON compre agora xuntármonos para celebracións, aínda que sexan ao aire libre. As comidas grupais son focos de expansión do coronavirus.
Lembrades os refráns que din: “Máis vale tarde ca nunca” ou “Lento, pero seguro”? Lembrades aquela canción: “... después me dijo un arriero que no hay que llegar primero, pero hay que saber llegar”?... Pois neste momento son de aplicación!
Coidádevos e coidade as persoas ás que queredes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario