Unha iniciativa da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en
colaboración co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra e as farmacias da
provincia, aborda a necesidade de facer un cribado entre os e as adolescentes
de 12 a 17 anos, a través das farmacias, no marco das accións de loita contra a
COVID-19.
O éxito deste cribado, do que se beneficiará TODA a poboación, depende da participación masiva dos e das adolescentes a quen vai dirixido, e para iso é imprescindible a colaboración das familias na difusión desta iniciativa e na participación dos seus fillos e fillas na realización da proba.
A proba é moi sinxela: só se necesita unha mostra de saliva auto-recollida no domicilio do alumnado.
Hai que ir buscar o tubiño co reactivo a unha farmacia: se o alumnado é menor de 16 anos, ten que ir unha persoa adulta responsable de cada rapaz ou rapaza; se teñen 16 ou 17 anos, poden ir sós/soas coa tarxeta sanitaria e o DNI, e asinar na farmacia o papel da entrega do tubo.
Á mañá seguinte, teñen que volver á farmacia, co tubo coa saliva e deixalo alí.
É importante a participación nesta iniciativa para evitar brotes nos centros educativos.
Sen a vosa axuda este cribado non poderá levarse a cabo.
OLLO!
De todos xeitos, se un/unha rapaz/za ten síntomas da COVID-19 ou dunha catarreira, aínda que dea negativa esta proba, non hai que confiarse; sería necesario realizar unha PCR para confirmar ou desmentir o diagnóstico da proba de saliva.
Máis información na web do instituto, en:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=18510
Ningún comentario:
Publicar un comentario