O IES Sánchez Cantón vai formar parte dun programa da Secretaría Xeral de
Política Lingüística que consiste na inmersión en galego durante tres semanas
(do 22 de febreiro ao 14 de marzo).
É un programa educativo que ten dous obxectivos lingüísticos:
* Por unha banda, busca o aumento do uso do galego como lingua de comunicación habitual nos ámbitos nos que nos movemos acotío.
* Por outra banda, é unha experiencia de reflexión individual sobre a relación que cada participante ten coas linguas que coñece.
Dende o instituto, animan ás familias a que compartan con fillas e fillos esta experiencia lingüística de aprecio e orgullo pola nosa lingua. Animádevos a facelo!
Hai máis información sobre este proxecto na web do instituto, en:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=18024
Ningún comentario:
Publicar un comentario