29 de abr. de 2016

O vindeiro xoves, día 5 de maio de 2016 a FANPA convoca unha reunión informativa co fin de despexar dúbidas sobre o proceso das reválidas de Primaria que como sabedes terán lugar en breve.

A esta reunión aberta poden acudir tanto representantes das ANPA co fin de transmitir a información no ámbito do seu Centro e tamén nais e pais que estean interesados. Xunto con esta reunión, a FANPA está a elaborar unha declaración que resuma o máis claramente posible todas as cuestións e preguntas que están sobre a mesa.

Toda a información a tedes/teredes dispoñible no web da FANPA http://www.nontedurmas.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario