26 de abr. de 2018

URXENTE. Taller ABAU

Ante a posibilidade de que por falta de inscricións mínimas non chege a celebrarse o curso, os non pertencentes ao ANPA, envíen correo a anpaoverxel@gmail.com solicitando dita inscripción
Grazas

20 de abr. de 2018





TALLER PREPARACIÓN ABAU

Destinado a alumn@s de 2º de bacharelato

NÚMERO DE PLAZAS: 45, pero polo elevado custo do taller o número mínimo de asistentes para poder impartilo é de 20

INSCRIPCIÓN: será requisito ser socio da ANPA antes de 01/04/2018 e realizar a inscripción a través do link  https://educa3.argosgalaica.com/inscripciones/4.
A lista de admitidos publicarase neste blog o 26/04/2018 e no caso de que non se completara o número máximo de plazas, os non socios poderán realizar a inscripción previo pago da cuota de socio da ANPA (ingreso ou transferencia na conta da ANPA indicando o nome d@ alumn@).


LUGAR: salón de actos do IES SÁNCHEZ CANTÓN.

HORARIO: mércores 02/05/2018 de 16:30 ata 19:00 aproximadamente. Prégase chegar con puntualidade para o comezo do taller.
Para calquera dúbida que poida xurdir, no correo ANPAOVERXEL@GMAIL.COM

20 de mar. de 2018

Axuda para Horto

Dispuxemos o 19/3/18 a estructura de 2 hoteis para os bichos no horto escolar. Agora solamente falta encher a estructura con distintos anacos de madeira, carozos, piñas, O único requisito é que teñan como máximo 15 cm. para que entren na estructura. As interesadas/os en colaborar deixar na conserxeria unha bolsiña coa súa aportación e o seu nome, curso e grupo. Tamén os profes poden coordinar do xeito que queiran este tema. Benvida toda a colaboración posible. Agradecer a ANPA O Verxel a súa aportación neste proxecto.