3 de nov. de 2023

Entrega de premios do concurso de relato curto de Halloween

 Dende ANPA O Verxel complácenos colaborar en proxectos culturais tan interesantes



O martes 31 de outubro fíxose a entrega dos premios de relato curto de Halloween para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Sánchez Cantón, organizado polo departamento de inglés en colaboración coa biblioteca.

Os premios, dúas tarxetas regalo con 4 entradas cada unha para unha escape room, correron a cargo do centro e a ANPA O Verxel. As alumnas premiadas foron Ana Trabazo Torres, alumna de 1º de Bacharelato, e Helena Guimeráns Fernández, alumna de 2º de Bacharelato. Parabéns para as premiadas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario