O alumnado de ESO do IES Sánchez Cantón finalizará o curso cunha actividade
moi especial.
A situación sanitaria impide a celebración doutro tipo de festas de fin de curso, así que os catro cursos da ESO participarán nunha gymkhana pola cidade, divididos por aulas, os días 21 e 22 de xuño.
É necesaria a autorización das persoas responsables do alumado para que poidan participar. As titoras e titores avisarán de como se entregará.
Máis información na web do instituto, en:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=18871#p59227
Ningún comentario:
Publicar un comentario