19 de set. de 2018

A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha A NOVA ETAPA DOS CLUBS DE LECTURA -(OUTUBRO 2018 - 2019).

A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha A NOVA ETAPA DOS CLUBS DE LECTURA -(OUTUBRO 2018 - 2019).

https://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/es/actividades/clubs-de-lectura

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector:

O período de inscricións nos clubs de lectura da Biblioteca de Pontevedra abrirase o mércores 26 de setembro ás 9.00 h. da mañáA inscrición será presencial no mostrador de recepción da biblioteca (planta baixa)Cada persoa que acuda poderá apuntar nun club a un máximo de dúas persoas (contándose a ela mesma)Só está permitido apuntarse a un único club, pero será posible apuntarse como “reservas” noutro/s clubsSe unha persoa falta a máis de 3 reunións sen xustificación algunha, daráselle de baixa no clubPara formar parte do club é preciso contar co carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Para facer a inscrición non é necesario, sí que hai que facelo antes de que empecen as reunións.O nº de prazas por cada club é de 20

                        CLUBS DE LECTURA 2018-2019

Club de inglés: luns alternos a partir do 8 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club temático 2018-2019 “Voz de muller”*:  martes alternos a partir do 9 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de castelán: todos os mércores a partir do 10 de outubro de 17.00 a 18.00 h.

Club de galego: xoves alternos a partir do día 11 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario