16 de nov. de 2017

Por segundo ano consecutivo chega o certamen que tanto éxito tivo o curso pasado. 

Os participantes deberán enviar un vídeo de 1 minuto de duración no que se presentarán como o artista a imitar e tamén indicarán a canción que interpretarán. Por exemplo: Son Enrique Iglesias e o tema: “Bailando”. No vídeo ten que aparecer o vocalista ou grupo musical cantando un fragmento da canción (Poden participar con coros ou bailaríns) Data límite: 22 de novembro (Pasado este prazo, desestimarase calquera candidatura).

Os vídeos mandaranse ao correo: handrade.padin@hotmail.com (É importante indicar o nome, apelidos, curso e número de teléfono dos concursantes). Tendes os carteis ubicados no vestíbulo dende hai tempo. Toda información en carteis postos no vestíbulo hai tempo e tamén agora na aula virtual e cabeceira da web. Organiza Grupo de Teatro do IES Sánchez Cantón. Todos os videos do certamen do ano pasado no canle de youtube do Sánchez Cantón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario