6 de mar. de 2019
21 de feb. de 2019
17 de feb. de 2019
Obradoiro de realización de moldes de silicona para figuras de resina
Obradoiro de realización de moldes de silicona
para figuras de resina
Destinatarios:
Pais e nais do alumnado do IES Sánchez Cantón, con preferencia: familias do alumnado que imparte o obradoiro e familias socias da ANPA.
Días:
Martes 26 de febreiro de 17,00 a 18,30 h e xoves 28 de febreiro de 18,15 a 18,45 h.
Coordina:
Pablo Alonso de Vega, profesor de Historia do IES Sánchez Cantón
Imparte:
Alumnado de 1º bacharelato
Descrición:
Oito alumnos e alumnas explicarán, en dúas tardes, como realizar unha reprodución en resina dunha figura, axudados e coordinados polo profesor. Durante este curso alumnos e alumnas de 1º de bacharelato recibiron a formación e van a impartir o obradoiro aos membros da comunidade educativa (outro alumnado, profesorado e nais e pais).
Metodoloxía:
As persoas participantes formarán parellas para realizar o encofrado do molde de silicona e, finalmente, a colada de resina dunha figura.
Prazas:
16 prazas para nais e pais, por orde de inscrición, e tendo en conta a preferencia: seren familias do alumnado que imparte o obradoiro e familias socias da ANPA.
Inscrición:
No correo electrónico da ANPA: anpaoverxel@gmail.com, enviando nome e apelidos, e poñendo no Asunto: Curso de molde de resina.
8 de feb. de 2019
Roteiros, Aventuras e Vivencias en Familia 2019
http://www.nontedurmas.org/actividades/roteiros-aventuras-e-vivencias-en-familia-2019/
29 de xan. de 2019
15 de xan. de 2019
Ampliado o prazo de inscrición no obradoiro 'Como afrontar a ABAU' ata o venres 18 de xaneiro
Ampliado o prazo de inscrición no obradoiro 'Como afrontar a ABAU' ata o venres 18 de xaneiro incluído



