24 de set. de 2025

24/09/2025 Sesión de traballo da Directiva da ANPA aberta á participación das familias

 O mércores 24/9/2025 ás 20:30 h. terá lugar na Cafetería Plaza (Praza de Galicia) unha SESIÓN DE TRABALLO dos integrantes da directiva da ANPA O Verxel.

O obxectivo é preparar, por parte da directiva, as iniciativas do novo curso e a Asemblea que anunciaremos e terá lugar nas vindeiras semanas.

Animamos ás familias (nais ou pais) que teñan algunha suxerencia ou achega, a que asistan a esta sesión previa de traballo para compartilas coa directiva se así o desexan.



16 de set. de 2025

Ricos tomatiños da horta do IES Sánchez Cantón

Os tomatiños da propia colleita saben moito mellor! Todo o mundo está de acordo.

A horta do IES Sánchez Cantón está a dar os seus froitos.

Esta semana, o menú da cafetería do día 15/09/25 incluiu unha saudable sorpresa: tomatiños da horta!!

Mirade as fotos ...vaia pinta!













7 de set. de 2025

FACERSE SOCIO 2025-26

 XA ERAS SOCIO O ANO PASADO

Somente te que entrar na app do ANPA e facer o pago tal e como di a app.




Se non lembras o contrasinal:

- Ou por whatsapp ó número 610926600.

- Ou por correo electrónico a anpaoverxel@gmail.com

Comunicando que non lembras o contrasinal.




FACERSE NOVO SOCIO

Descargar a seguinte folla de inscripción, cubrila e entregala no Centro.




Despois de entregala, recibirá un correo con:

1- Un link de acceso á aplicación.

2- Un usuario (que será o seu correo).

3- Un contrasinal para acceder.



______________________________________________________________________________

Chave do ANPA: 6wfxd24t
______________________________________________________________________________


Cando entre na aplicación, meterá os datos e aparecerá o número de conta no que ten que facelo ingreso, así coma o concepto do ingreso.


Na aplicación poderá acceder:


- O seu carnet de socio.
- As tendas onde se ofrecen descontos.
- As excursións subvencinadas ás que se pode apuntar.
- Aos libros do banco de libros.
- e moito máis...


Número de conta Banco Santander: ES3100490205022910320048